UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 6 de diciembre de 2016

VAI CHEGANDO O NADAL

Vai chegando o Nadal e estamos xa mergullados na decoración do corredor de infantil. Por suposto, de novo teño que agradecer ás familias a súa colaboración para encher de estrelas o noso teito. As primeiras estrelas de Nadal que chegaron foron as de Mariña, Enzo, Daniel, Valeria e Noa. ¡Mirade que alegres e vistosas lles quedaron! O noso corredor está quedando ben bonito, cheo de luz e de boas vibracións.








E aínda que estamos acercándonos ao Nadal, nós seguimos co noso proxecto de arte. E o venres chegaron máis recreacións de obras de arte á Pementeira. A verdade é que estou supercontenta coas aportacións que estades facendo as familias, porque  os nenos e nenas están simpatiquísimos representando diferentes personaxes  e así imos coñecendo a moitos artistas e as súas creacións. ¡Mirade que fantásticas recreacións fixeron Valeria (que tamén nos trouxo unha foto súa cunha reproducción do Guernica de Picasso), Mario,  e máis Enzo! ¡Están xenial!
 
Valeria como a "Mona Lisa" ou a "Gioconda" de Leonardo da Vinci.

 
Mario recreando "El hijo del Hombre" de Renè Magritte.

 
Enzo ou miniValle-Inclán disfrutando dun breve desscando na Ferradura de Santiago de Compostela.
¡Non me digades que non están xenial!¡Parabéns familias! e grazas pola vosa participación.




2 comentarios:

  1. Gustanme un montón!!! Para nós é un placer, con tres anos escoitalos falar de que pintaron como Pollock, mirando un catálogo de xoguetes que lle chame a atención que aparece a torre eiffel de Paris...facer o traballo con el e que non lle dea chegado o día para mostrarllo a Teté e os seus amigos e unha satisfacion enorme, moitas gracias a ti polo teu traballo 😊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Máis feliz estou eu! E ilusionada con estas recreacións que estades facendo na casa. Cada día espero recibir unha nova porque están xenial e son un fantástico recurso educativo. ¡Grazas!

      Eliminar