UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 12 de diciembre de 2016

RECREANDO OBRAS DE ARTE 3

     O proxecto sobre a volta ao mundo empregando obras de arte está resultando moi interesante. Fai uns días recibimos na aula un traballo moi fermoso que trouxo Aleixo: unha escultura de Chillida chamada "Eloxio da auga". A escultura orixinal do autor é esta:
Resultado de imagen de elogio del agua chillida

E a reprodución que fixo Aleixo coa súa familia é esta:
       A verdade é que lles quedou espectacular. Aleixo tamén fixo un debuxo emulando ao xenial artista Chillida. Titúlase "Gora Bach"


Resultado de imagen de gora bach chillida
    ¡Parabéns por ese esforzo Aleixo e familia! Un traballo xenial!!!

    Tamén chegaron máis cousiñas para o noso recuncho: Valeria trouxo un libro que nos gustou moitísimo porque ten un montón de imaxes e de información sobre moitos monumentos que xa coñecemos. Encantounos ver a Gran Muralla China, Santa Sofía de Constantinopla, as Pirámides de Gizah, o Taj-Mahal, a Catedral de San Basilio e moitas cousas máis.

     E Sara Vidal trouxo un autobús de Londres e unhas imaxes da famsísima ra de Salamanca. Como sabedes, todos os turistas que se achegan a esa fermosa cidade universitaria teñen que buscar unha pequena ra de pedra que se atopa sobre unha caveira na fachada da Universidade. Tamén trouxo unha fotografía do astronauta que se atopa na fachada da Catedral Nova da mesma cidade (que foi engadido no momento da restauración da obra).

     E hoxe chegaron tres novas recreacións de obras de arte moi interesantes, primeiro pola fermosura das obras e segundo pola complexidade das composicións. Aquí houbo un importante traballo de equipo que hai que valorar moito. 
     Aleixo aportou "As Meninas" de Velázquez, Noa a "Pita cega" de Goya e Icía "Tres monos sabios" (unhas esculturas de madeira que se atopan nun santuario en Tokyo). E fixádevos ben nas fotos porque eu penso que podemos recoñecer a moitos personaxes destas recreacións. ¡Grazas por estas recreacións tan elaboradas!




    ¡Veña, aínda hai moitos nenos e nenas que non se animaron a recrear unha obra de arte! ¡A ver se seguimos recibindo sorpresas antes das vacacións!
     ¡Grazas a todos pola vosa participación e pola vosa creatividade!



3 comentarios:

  1. Son xeniais as recreacións!!! Como me gustan 👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. O pasamos xenial todos xuntos intentando sacar as fotos,jejeje

    ResponderEliminar
  3. Pois paréceme xenial que plantexárades a "tarefa" de xeito tan cooperativo e lúdico. E que o mundo da arte dá moito xogo, jajajaja.E cando as familias se implican tanto, o resultado ten que ser "artístico" de verdade. GRAZAS!!!!!

    ResponderEliminar