UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 30 de octubre de 2016

SAMAÍN INFANTIL 2016

Aquí estamos xa. ¡Por fin chegou o día monstruoso e terrorífico no que celebramos xuntos o Samaín! Teño que decir que me encantou ver aos pementeiros/as tan ben disfrazados, tan alegres, tan dispostos a facer teatro, a poñer caras de susto, a cantar e bailar... ¡Grazas familias pola vosa implicación e colaboración!
Así que agora toca disfrutar un pouco coas fotos desta xornada...











Algúns/as ata se animaron a mostrar a súa cara nun primeiro plano aterrador. Neste grupo penso que hai grandes actores. ¿Non pensades o mesmo?



















 A comida que trouxeron os pementeiros/as deixounos a todos coa boca aberta (polo vistosa e apetitosa que parecía e polas ganas de comela). Preparamos todo nunhas mesas na aula de psico e despois de cantar e bailar un pouco xa fomos disfrutar dun festín terrorífico.








































Tras o banquete, había que mover un pouco eses corpos (algúns pementeiros pensei que ían estoupar de tanto como comeron) porque, despois, aínda había que probar as castañas. Así que saímos ao patio a xogar un pouco.










E para comer as castañas saímos cos nosos arañacestos. A verdade é que as  castañas non tiveron tabto éxito como a merendola de infantil. moitos nenos/as non quixeron comelas (algún nin as probou).





























E xa por último, os pementeiros/as particparon nos distintos xogos organizados no patio cuberto.




























E, para rematar, déixovos aquí unha montaxe en movie-maker cos mellores momentos da nosa xornada de Samaín Monstruoso no cole. ¡Foi un día xenial!

Bruja




4 comentarios:

  1. Moitas Grazas Teté !!!
    Douche as grazas por todo o traballo que fas (que é moito) fora do teu horario para que nós poidamos ver o ben que o pasan os nosos fillos no colexio.
    Menudos nenos máis terroríficos hai en infantil.
    Un millón de grazas. Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Para min é moi gratificante ver a vosa resposta, Rosana. As profes pasámolo moi ben vendo como entraron todos os nenos e nenas de infantil tan ben disfrazados, con ganas de representar novos papeis, jajajaja, felices e con ganas de facer festa xuntos. A min encántame que podades ver un pouquiño do que pasa dentro das aulas e do cole porque hai moitos momentos xeniais, cheos de emocións e de aprendizaxes diversas... Así que o feito de que visitedes o blog e disfrutedes vendo unha parte do que facemos e vivimos aquí, xa é un premio! Ser mestra é moito máis ue estar cinco horas nunha aula, desde o meu punto de vista e a vosa colaboración, comprensión, respecto e valoración facilita moito o noso traballo. Polo tanto, grazas a vos!

      Eliminar
  2. ¡Pasámolo moi, moi ben! Eu estou gratamente sorprendida pola participación das familias e dos nenos e nenas que estiveron moi divertidos, disfrutando, bailando, xogando e dando medo, jajajaja.Viñan espectaculares e iso é grazas aos papás e mamás que vos animástedes a preparalos e maquillalos tan requetebén!

    ResponderEliminar
  3. Que ben o pasaron! E que placer poder ver todo! Por certo, todo me gustou moito, pero a montaxe é fantástica! Noraboa

    ResponderEliminar