UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 16 de octubre de 2016

PREPARANDO O SAMAÍN

En infantil estamos xa empezando a preparar a festa do Samaín 2016. Os nenos/as de 4 e  anos están traballando moito, pero os de 3 non van quedar atrás porque están pintando requetebén unhas cabaciñas que imos colgar no corredor.







O venres, despois de traballar moito na aula, tivems a oportunidade de disfrutar dunhas raioliñas de sol e estivemos xogando no patio dos maiores cos balóns e cuns aros. ¡Foi moi divertido!






















E, para rematar un venres fantástico, estivemos cantando ¡en inglés! e recitando unha poesía dun cabaliño moi viaxeiro que nos gusta moito, moito. Déixovos un vídeo para que vexades canto aprenden e disfrutan (aínda que algún pasa un pouquiño de medo cos monstros, as pantasmas e as bruxas que chegan ao cole co Samaín) estes pementeiros/as no cole.


Se queredes cantar na casa as cancións que cantamos no cole, na columna dereita do blog, no apartado "Nuestros enlaces favoritos" están "Corre, corre, cabaciña", "Go away, big green monster","Five little pumpkins", "Uh-Huh", "El viento de otoño"...


5 comentarios:

  1. Moitas grazas de novo Teté!
    Da gusto velos tan entusiasmados con cada proposta, e cómo interveñen en cada actividade.
    Con cada día que nos mostras, fasnos ser un máis da aula podendo interactuar cos nosos fillos na casa, falándolle do que facedes na escola, grazas!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é o bonito do blogue, que o empreguedes dese xeito tan positivo. Non se trata de "machacalos" sempre con cousas do cole, pero se o vedes e falades, e podedes preguntar de xeito máis concreto, e botades unhas risas xuntos, e repetides cancións e poemas disfrutando xuntos, iso é fantástico. Penso que se nota nos nenos/as cando na casa mirades cara o cole con ese positivismo. Grazas!

      Eliminar
  2. Mil grazas a vos por visitar o blogue e disfrutalo tanto. Non vos podedes imaxinar o gratificante que é. A verdade é que me sinto moi orgullosa do rápido que aprenden, e de como se entusiasman con todo. É un pracer compartilo con vos porque todo o que reforzan na casa é un tremendo apoio á miña labor, co cal... grazas de novo!

    ResponderEliminar
  3. Me encanta lo bien que lo pasa no me extraña que hugo se levante a las mañanas con tantas ganas de ir al colé

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Chega sempre contentísimo! Non sabes o estupendo que é recibir un sorriso e unha aperta tan pronto entra pola porta!Disfruta con todo o que facemos!!

      Eliminar