UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 9 de junio de 2016

O NOSO LIBRO DE ÁFRICA

O libro de aula que recolle o noso percorrido polo continente africana xa está viaxando (en realidade debería dicir por fin está viaxando) ás casas dos pementeiros/as. Ata o de agora dúas nenas tiveron a oportunidade de disfrutalo (ou iso espero) coas súas familias.

Co libro tamén viaxan un puzzle duns masais e unhas máscaras de animais africanos (xirafa, cebra, león, leopardo, impala, elefante, avestruz, loro e mandril) coas que fixemos teatro na aula e, tamén, representamos o conto de "A sorpresa de Nandi". Podedes xogar con elas todos os membros da familia e ata inventar novas historias, representalas e gravalas. 
O libro é bastante gordiño pero non vos asustedes porque case todo son fotografías que intentan recoller algunhas das actividades que fixemos ao longo do curso. Tiña moitas ganas de incluir todos os retos que fixemos pero non me dou tempo de incluílos. Espero que comprendades que o máis importante foi o proceso en sí mesmo, o que investigamos e vivimos no cole, o que aprendemos xuntos, o que nos ilusionamos ou o que nos costou máis esforzo. É dicir, o libro é un recordo, unha maneira de gardar unhas imaxes coa pretensión de convertir en permanente unha experiencia, de facer duradeira unha pegada, de poñerlle barreiras de papel ao esquecemento.
Estoulle pedindo ás familias se poden ver o libro e pasarllo a outro/a pementeiro/a o mesmo día que o reciben (ou que o vexan conxuntamente). Sei que unha tarde xa é bastante curta para velo e media tarde aínda máis, claro. Entendo que, ás veces, non sexa posible facelo. Simplemente quero que a maioría dos nenos/as o teñan na casa polo menos un par de horas para que vos conten e expliquen cousas. 
Pero como temos poucos días de curso por diante, e seguramente non teñamos tempo suficiente  para que viaxe a todas as casas, aproveito para dicirvos que podedes dispor do libro durante o verán para velo con calma ou mesmo fotocopialo ou escanealo se vos apetece. Algunhas mamás e papás comentáronme, en ocasións, que gardaban os libros dos proxectos de infantil como recordo e paréceme estupendo se vos tamén o queredes facer.

Aproveito esta entrada para comentar que tivemos outra visita no espazo de infantil para ver a nosa decoración africana. Nesta ocasión viñeron os alumnos e alumnas de 5ºB coa súa profe Ana.



¡GRAZAS  POLA VISITA CHIC@S E PROFE ANA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario