UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 6 de octubre de 2015

O RECUNCHO AFRICANO MEDRA E MEDRA

O recuncho africano da Pementeira está medrando sin parar. Temos xa un montón de cousas: instrumentos musicais, roupa, libros, figuras e máscaras de madeira, xoias, un sombreiro Mossi, animaliños da sabana, pinturas, debuxos,.. O caso é que teño que reorganizar o espazo para colocar todo mellor e, mesmo, amplialo. A min encántame este tema de investigación e tamén estou aportando algunhas cousiñas que, penso, que lle poden gustar moito aos pementeir@s. Pero iso terano que dicir eles claro.
Mirade as últimas cousas que chegaron:
Mariña e Sara trouxeron un libro de Exipto cada unha. Sara tamén traía un libriño pequeniño do Rey León.

Ana e Noa trouxeron animaliños. Ana, un elefante e unha cebra  de plásticos e Noa, unha xirafa feita de tea, que viaxou desde Costa de Marfil ata Padrón.
Mariña trouxo unha noticia do periódico moi interesante, xa que nos recorda que en moitos países do mundo (entre eles tamén en varios do continente africano) hai moitos nenos e nenas que non poden ir á escola. Ou que teñen escolas baleiras (como a que se ve na foto, que está en Costa de Marfil), unicamente cuns pupitres vellos de madeira e sen contos, puzles, xoguetes,ordenador, cubetas de cores, "rotus" ou plastilina.


Mateo chegou moi contento ao cole co seu elefante africano.


Noa trouxo un libro moi interesante sobre as xirafas.

Alba tamén chegou moi feliz e orgullosa cunha figura de madeira dunha muller africana co seu cántaro para ir recoller auga, e dous contos africanos. ¡Canto imos ter que ler! ¡Yupiiii!



 Samuel trouxo a "peli" do Rei León e uns papiros "exipcios" con xeroglíficos.

Inés trouxo uns folletiños informativos que nos dan datos moi interesantes xa que contestan a dúas preguntas que teñen bastante que ver con África: ¿Que é un espellismo? e ¿Para que sirve a trompa dos elefantes? Será interesante averigualo.
Pero penso que o éxito de hoxe foi para Leo que trouxo un prato típico de Sudáfrica: un doce chamado Koeksister. Este postre ten a súa orixe en Holanda e os holandeses levárono a Sudáfrica.  Leo explicounos que se fan con azucre moreno, fariña, canela moída e un ovo.



Podemos dar fe de que estaban deliciosas estas Koeksisters. Eu comería as catro pero hai quecompartir e creo que aos pementeir@s lles gustaron tanto como a min porque non quedou nin unha miguiña no prato. ¡Parabéns para os cociñeiros!







E despois de comer, adicámoslle un forte aplauso a Leo por compartir connosco as Koeksisters sudafricanas.




Finalmente, aquí vos deixo unhas fotos do noso recuncho africano ata o momento. ¡Mirade cantas cousas temos para achegarnos de xeito moi directo a África! Grazas  a todas as familias polas vsas aportacións.














3 comentarios:

  1. Que maravilla que lles gustasen a tod@s os pementeiros,Leo chegou moi moi contento porque me dicía que todos comeron e lles gustaban jajaja tivemos as nosas dudas de si as facíamos ben pero demos conta delas na casa e estaban boas jajaja moitas gracias por deixarnos participar ós pais dalgunha forma no proxecto,seguro que algo interesante e divertido se nos seguirá ocorrendo con Africa.Grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Foi un auténtico pracer comer as koeksisters!!!! Pareceume unha idea xenial esa aportación porque non é fácil ter a posibilidade de probar comida africana. Escribiremos a receita para que todas as familias que queiran as proben. Graciñas a vos. É xenial ver como se van animando as familias a participar!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar