UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 21 de abril de 2015

PETER PAN

Hoxe, martes 21 de abril, tivemos a sorte de disfrutar dun novo espectáculo teatral no colexio A Salle, en Santiago de Compostela. Despois da viaxe en autobús, que para moit@s pementeir@s xa é de por sí unha auténtica diversión, entramos no salón de actos para viaxar ao País de Nunca Xamáis da man de Peter Pan, Wendy, Campaniña e o malvado Capitán Garfio que nos meteu máis de un susto.
Pero aínda que tivemos momentiños de pasar un pouco de medo, ou preocupación polo que lle podería pasar a Wendy nas mans do temible Garfio, os resto do tempo disfrutamos a tope das cancións e das aventuras dos protagonistas deste emocionante conto.

Para que, tamén, nas vosas casas poidades disfrutar un pouquiño do espectáculo, aquí vos deixo un vídeo cos mellores momentos da xornada.
Espero que vos guste.


No hay comentarios:

Publicar un comentario