UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 20 de marzo de 2014

¡CHEGOU A PRIMAVERA!

Levábamos xa varios días esperando a chegada da primavera. Despois dun inverno duro, con moitas "cicloxénesis explosivas", xa tiñamos ganas de cambiar de estación e íamos contando os días que faltaban. É certo que o tempo xa parecía que empezaba a ser un pouco máis apacible e iso permitiunos saír fóra á hora de merendar. O xoves da semana pasada xa fixemos o noso primeiro picnic e antonte repetimos a experiencia.






E hoxe, 20 de marzo, aínda que o sol non nos acompañou, nós celebramos igualmente a chegada da primavera.

Aquí vos deixo un vídeo con algunhas das cousas que fixemos hoxe na aula e que teñen moito que ver coa nova estación que estreamos con moita alegría.





2 comentarios:

  1. NOraboa chicos e chicas por todo o que facedes na aula "A pementeira". Nós tamén saimos un día e picnic, pero non coincidimos. A ver se facemos unha quedada as tres clases e saimos xuntas a merendar.

    ResponderEliminar
  2. Grazas profe María. Os pementeir@s están medrando e,claro, iso nótase e cada día teñen máis ganas de facer cousas. A ver se todos se van animando a saír nos vídeos, a mostrar ás familias o que saben facer, como intentan avanzar e, tamén, cómo disfrutamos rompendo algunha rutina, por exemplo facendo un picnic. Esperemos que a próxima semana volvamos a ter un pouquiño de sol e saímos todos xuntos a merendar fóra.

    ResponderEliminar