UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 19 de diciembre de 2013

UNHA VISITA SORPRESA

Hoxe viñeron ao cole Rosalía uns visitantes especiais, vestidos con roupas moi elegantes e cun saco de cor vermella. Na aula "A Pementeira" estábamos acabando de preparar as bolsas nas que imos levar todos os traballos para a a casa ...



e, de súpeto, chamaron á porta e entraron...
¡OS PAXES DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE!
Dígovos que máis dun pementeiro quedou petrificado e sen fala...






... pero pouco a pouco os nenos e as nenas fóronse soltando e empezaron a dicir o que lle pediron aos Reis para que os paxes tomaran nota...

 ... e tamén se mostraron moi dispostos a coller os gusanitos que había dentro do misterioso saco vermello...











E despois dos aplausos e os bicos... a seguir traballando que mañán teñen que estar as bolsas listas para levar todo para casa (que os pementeir@s teñen moitas ganas de que os papás e as mamás vexades todo o que fixeron neste primeiro trimestre)






No hay comentarios:

Publicar un comentario