UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 24 de octubre de 2013

¡CHEGA O SAMAÍN!

Xa falta pouquiño para que celebremos no cole o Samaín e o Magosto. Na aula "A Pementeira" contamos contos de bruxas, como Brunilda, e cabazas, de monstros e pantasmas, de lobos e de gatos negros, como o Gato Pelado...



 O corredor de infantil está xa terroríficamente decorado para a ocasión: cheo de teas de araña, bruxas, morcegos, pantasmas... ¡Dá medo velo!





 As portas das tres aulas tamén están preparadas para a celebración do Samaín con motivos axeitados para a ocasión. ¡Mirade que chulis están!



 Os nenos e nenas xa empezaron a traer as súas bruxas para o concurso. ¡Hai algunhas espectaculares!






 ¡Chic@s, aínda estades a tempo de participar no concurso de bruxas!
 Os pementeir@s tamén están pintando as súas bruxiñas e poñéndolle unhas estrelas prateadas estampando con esponxas.











2 comentarios:

  1. Mete medo pasar por ese pasillo!!
    Oes Teté, e entre tanta bruxa, non andará por aí a bruxa Leocadia, que voltou para a reunión anual de bruxas despistadas, non?
    Tes que contarlle a historia os pequepementeiros, ou mellor, enseñarlles a versión cinematrográfica, je, je, ¡¡Qué tempos!!
    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois non a vin aínda, pero están chegando máis, así que pode ser que Leocadia apareza un día destes, jejejeje. O libro téñoo na aula, a próxima semana cóntolle a historia a ver que lles parece, jajajaja, (boa idea) pero a peli non a teño!
      Grazas por seguir visitando Pementeiradas-dos, é un pracer ler os vosos comentarios. Unha aperta forte!

      Eliminar