UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 23 de mayo de 2019

¡CANTAS SORPRESAS!

   Estas últimas semanas tivemos varias sorpresas na aula que foron quedando sin poñer no blog porque tamén houbo outras actividades que queríamos mostrar como as saídas ao teatro, as celebracións dentro do cole, os cumples etc. pois ben, agora imos facer un pequeno resumo dalgunhas cousas que foron pasando e que supuxeron experiencias divertidas e interesantes. 
    A primeira sorpresa agradable foi a volta de Sara Castaño ao cole xa que levaba moito tempo, desde Pascua, sin vir porque rompeu o pe e non podía camiñar. Ela chegou moi contenta e nós aínda máis contentos que ela por recibila.
    Outra cousiña que xurdeu de casualidade foi un día que estivemos falando da importancia das abellas e aproveitamos para volver a mirar o mel que trouxera Enzo ao cole. Miramos a forma das celdiñas do panal e ata probamos o mel que está delicioso.




















Resultado de imagen de gifs animados abejas    Agora xa sabemos que sin abellas non só non temos mel, senón que non teríamos flores porque elas son as encargadas da polinización das plantas e sin polinización non habería comida. Según os expertos, se as abellas desaparecen, finalmente tamén nós estaríamos condenados a desaparecer.
EL COLECCIONISTA DE INSECTOS   


   E como o tema nos gustou, agora tamén temos un libro novo na nosa biblioteca que nos fala da importancia dos insectos.






     
   Aleixo foi de vacacións e quixo contarnos a súa experiencia mostrándonos un montón de fotos moi interesantes.


 Hoxe concretamente tivemos unha experiencia moi divertida xa que, por primeira vez, vivimos en vivo e en directo a caíada dun dente de leite da nosa compañeira Mariña que xa viña preparada cunha caixiña para gardalo. Foi emocionante e todos os nenos e nenas estaban felices por Mariña porque xa saben que o ratiño Pérez estará preparando o seu agasallo para cando recolla ese dente tan especial.

Resultado de imagen de gifs animados ratón Pérez

    Outra sorpresa foi que agora temos uns puzles novos con temas mitolóxicos que están tendo moito éxito.















    E tamén temos outroo xogo novo, unha especie de Trivial no que hai que ler preguntas e buscar a imaxe que corresponde coa resposta correcta.


    E na hora de alternativa, para recordar a importancia do aire puro (o 17 de maio ademais de celebrar o Día das Letras Galegas tamén se conmemora o Día da reciclaxe  e o aire puro) elaboramos uns moliniños de papel.






     E para rematar, aquí podedes ver un vídeo dos pementeiros/as hoxe na aula traballando un pouquiño e disfrutando da música.

    Como podedes comprobar os días na Pementeira están cheos de cousas diferentes, variadas, sorprendentes, divertidas e emocionantes.



1 comentario:

  1. Que sorte, asi da gusto ir o cole,cada día unha sorpresa nova.
    como me gustan os puzles mitolóxicos!!

    ResponderEliminar