UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 6 de junio de 2017

VASARELY, PICASSO E MIRÓ

      Rematando xa o proxecto de arte, estamos facendo algunhas fichas para recordar e homenaxear artistas sobre os que xa traballamos.
     Estes ultimos días estivemos vendo obras de Picasso, Miró e Vasarely.
















































Resultado de imagen de logo renault    VASARELY é un artista ao que nos estivemos achegando ultimamente. O primeiro que lle mostrei aos pementeiros foi esta imaxen que aparece á dereita. Todos a coñecedes, claro. Só un pementeiro, Gabriel, cando eu preguntei si viran eso nalgún sitio, dixo que estaba "diante nos coches". Pois ben ese logotipo de Renault é un deseño de Viktor Vasarely.

    Nós estivemos vendo obras deste xenial artista representante do OP-ART e aos nenos e nenas gustáronlle moito porque teñen moitas cores e dan sensación de movemento.
Resultado de imagen de vasarely  Resultado de imagen de vasarely

Resultado de imagen de vasarelyResultado de imagen de vasarely

   Estivemos dándolle cor a unha das súas obras nunha actividade impresa individual pero, ao mesmo tempo, coloreamos con rotuladores (por primeira vez na aula empregamos "rotus" para colorear superficies un pouco grandes e non só para repasar trazos ou letras, saiu bastante ben pero foi preciso insistir moito en concentrarse ben, non caragr demasiado porque rompe o papel, procurar non saír por fóra porque non se pode borrar etc.) a mesma obra en maior tamaño para colocar ao lado das que pintaron os nenos e nenas de 5 anos.















 
























                                      


















      Cando acabamos, fomos colocar o noso vasarely xunto cos que fixeron os nenos e nenas de 5 anos e estivemos contempalndo, tamén, o "Castelo e sol" de Paul Klee e os debuxos mironianos que os alumnos/as de 4 anos colocaron no teito. O corredor de infantil está espectacular.








1 comentario:

  1. Alégrome de que coñezades novos artistas, jajajaja, todos aprendemos cousas novas traballando por proxectos e hoxe coas novas tecnoloxías o acceso á información é tan rápido e cómodo que os proxectos son tremendamente dinámicos. Eu estou feliz co desenvolvemento deste proxecto tan artístico!!!!! E sei que os peques aprenderon moitísimo!

    ResponderEliminar