UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 24 de junio de 2017

FESTIVAL E ÚLTIMO DÍA DE COLE

    Parece mentira pero así é. ¡Xa rematou o curso 2016-17! Non podo creer que pasara tan rápido. Foi un curso estupendo cun grupo de alumnos/as fantástico  (e cunhas familias moi colaboradoras que se achegaron ao cole cunha mirada moi positiva, o cal sempre se agradece moitísimo).
     Esta entrada do blog penso que será ben recibida porque o festival de fin de curso foi "o mellor momento", ¿verdade? Saiu todo xenial, disfrutamos coa nosa actuación e, tamén, coas dos compañeiros/as de primaria, fixemos a última "merendola" conxunta con todos os nenos e nenas de infantil, xogamos e preparamos todos os traballos nas nosas superbolsas "tuneadas" por nós mesmos. Os pementeiros e pementeiras estaban felices e, sen dúbida, foi unha despedida de curso emocionante.
      Encantoume ver a todo o alumnado de infantil tan elegante coas súas camisetas e sombreiros. ¡Estaban guapísimos! Pero eu estou moi orgullosa destes peques de 3 anos (moitos xa de 4) que se sentían moi seguros e cheos de ganas de mostrarvos o ben que saben bailar. Non se sentiron presionados pola cantidade de xente que había no patio cuberto, viviron a súa actuación plenamente, estaban satisfeitos e orgullosos cando lles dixen que o fixeran moi ben. Foi todo fácil, divertido, emotivo e, para min, enormemente gratificante.
      Primeiro, nada máis chegar ao cole, fixemos un último ensaio e, despois sacamos unhas fotos para garadar un bonito recordo do elegantes que estaban todos.








     A continuación chegou o momento máis importante do día: a actuación. Aquí vos deixo os vídeos por se queredes ver como foi o último ensaio e recordar a actuación no festival. 






































    Rematado o festival había que repoñer forzas cunha boa merendola con todos os nenos e nenas de infantil, e que tamén foi a despedida para os compañeiros do Paseo do Espolón que nos deixan porque en setembro empezan unha nova etapa en Primaria.





















     O venres, último día de cole, aproveitamos para despedirnos dos xoguetes da aula e cada neno/a podía ir xogar no recuncho que quixera ou cambiar de xogo cando lle parecese ben. Mentres tanto fomos sacando as fotos coas nosas bolsas, que xa tiñan dentro os traballiños, as notas e o último exemplar do xornal "Novas de Infantil".




















































     Pois nada máis. Só podo darvos as grazas por entender tan ben os traballo das mestras de infantil e por facerme moi sinxela a miña labor durante este curso (grazas polas valoracións tan boas e comentarios positivos nas enquisas, grazas por manter o blog tan activo con tantas visitas e comentarios, grazas por participar nas diferentes propostas dentro do noso proxecto de  traballo e investigación e grazas polas mostras de afecto que recibín ao longo do curso).Transmitídelle unha forte aperta aos "meus" peques; e aproveito para desexarvos que este verán tamén sexa "o mellor momento" para  todos vós, que disfrutedes moito, que teñades experiencias enriquecedoras, que viaxedes, que descansedes...
¡Vémonos á volta!


Resultado de imagen de gifs animados feliz verano


5 comentarios:

  1. Moi bo traballo pimenteiros , o baile do festival quedou moi chulo e fixestelo xenial , parabens os nenos e a profe que tamen o fixo xenial, as bolsas dos traballos son chulisimas , pasa un moi bo veran Tete e ata a volta , moitas gracias por todo o teu traballo cos nenos .A disfrutar do veran

    ResponderEliminar
  2. Fantásticos estiveron. Son uns campeons e campeonas. Bailaron estupendamente. As bolsas, estoy dacordo con Yoli, creo que a imos enmarcar. Moitas moitas gracias Teté pola dedicación, a paciencia, a comprensión ... ... Ti eres o pilar que sostén todo este, polo tanto, noraboa

    ResponderEliminar
  3. Encantounos!!!! Fixerono moi ben👏👏👏,contentos, decididos...saiu xenial. Totalmemte dacordo coas outras mamás as bolsas para enmarcar😊,mil grazas por tanto traballo Teté, a pasar unhas moi merecidas vacacións 😙😙😙

    ResponderEliminar
  4. Grazas a todas por estes comentarios pero é que estes nenos e nenas son realmente capaces de facer moitas cousas, así que hai que recoñecerlles o seu mérito por encima de todo. O que desexo por encima de todo é que o próximo curso sexa tan enriquecedor como este e que xuntos poidamos seguir aprendendo, investigando, experimentando, creando e avanzando xuntos!

    ResponderEliminar
  5. ¡¡¡¡¡NORABOA!!!!!!
    ¡¡ Encantounos,fixerono xenial,son uns campeóns!!!!
    ¡¡FELICES VACACIONS A TOD@S!!!!!
    ¡¡¡A volta con máis forzas para que sexa outro curso estupendo!!!!!
    ¡¡¡¡Moitísimas grazas Teté,temos moita sorte de que che guste tanto o teu traballo e se vexa reflexado nos nenos que van super contentos a clase e querenche moitísimo!!!!
    ¡¡¡¡¡O meu xa esta a preguntar que cando volve a ver a profe!!!!!! quere levarche un conto,un lienzo que pintou,jajajajjajajajaj,todo o que fai para a profe!!!!

    ResponderEliminar