UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 9 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN INSTRUMENTOS AFRICANOS:MARACAS

As maracas son instrumentos de percusión  idiófonos. Sábese que, desde fai milleiros de anos, foron empregadas en moitos lugares do mundo. E África ten unha gran variedade de maracas, normalmente feitas con cabazas e sementes ou pequenas cunchas, como os cauris. Xa fixemos a presentación das AXATSÉ (ou SHEKERÉ) e as CAXIXI que son tipos de maracas. Hoxe estivemos tocando unha nova maraca (aínda que sempre se tocan dúas á vez, eu só teño unha) que sabía que lle ía gustar moito aos pementeir@s xa que ten moitas cores e soa moi ben (non é moi tradicional pero é divertida).



 








 







E aquí está a presentación feita por Lucas (que lle saiu á primeira). igual quere ser reporteiro. O outro día algunha rapaza dixo que quería ser periodista porque así tiña que viaxar polo mundo para contar o que pasa. A ver se con estes "viaxes pementeiros" conseguimos que algún ou algunha se anime a escribir as súas propias crónicas.


 E para rematar, un par de cousiñas novas que chegaron para o recuncho africano: un libro de Alma e un dromedario de Lucía.































No hay comentarios:

Publicar un comentario