UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 13 de noviembre de 2015

¡¡¡ SETE INVESTIGADORES RESPONDEN AO NOVO RETO!!!!

Hoxe empecei a xornada escolar cunha gran alegría e satisfacción porque sete pementeiros chegaron, orgullosos e felices, ca resposta ao reto que plantexei onte:

¿POR QUÉ O LAGO RETBA DE SENEGAL É DE COR ROSA?
Pois ben, a explicación deste curioso fenómeno é que nas augas do lago hai un alga chamada Dunaliella Salina que fabrica un pigmento de cor vermella para absorber a luz do sol.

E os fantásticos investigadores que trouxeron hoxe a resposta foron: NOA, ANXO, LEO, INÉS, MENCÍA, MARIÑA e IKER. 
¡Parabéns campeóns! ¡Estou orgullosa de vos!




 





Con este reto tamén aprendemos que o lago Retba ten un elevado índice de salinidade e iso fai que todo o mundo flote nas súas augas aínda que non saiba nadar. O mesmo ocorre no Mar Morto. No lago recóllese sal e Noa ata nos trouxo unha crema de cacao e karité que empregan en África para protexerse do sol, por exemplo cando están realizando esa dura tarefa. ¡Non sei se nos fará moita falta por estes lares! 
Ademáis Anxo tamén nos contou que en Torrevieja (aquí en España, en Alicante) hai outro lago rosa, coa mesma alga do Retba. ¡Xenial, cantas cousas aprendemos!

¡Seguiremos plantexando novos retos a ver se todos os pementeiros e pementeiras se van animando a participar neste xogo de investigación!
Grazas ás familias deste sete pementeiros por colaborar con esta proposta.

 E antes de pechar esta entrada, aquí vos deixo as fotos do xefe Mossi do día: o pementeiro Mateo.





3 comentarios:

  1. ¡¡Que bien!!
    Felicidades chic@s
    Ahora cogen carrerilla y todos los días a investigar....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Claro que sí! De eso se trata, de tener ganas de hacer grandes descubrimientos. Ojalá le saquemos mucho provecho a este juego de los retos y todos los "pementeiro/as" lleguen a primaria sabiendo muchas, muchas cosas. Gracias Tamara por visitar el blog y dejar esta felicitación para los chic@s!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar