UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 12 de junio de 2015

O HOME DA LÚA

Hoxe na Pementeira estivemos lendo un dos nosos relatos favoritos: O Home da Lúa, tamén coñecido como HL.
Estas son algunhas das ilustracións do libro: o Clíper-Lúa, a familia de HL, o malvado Sombra (o Rey dos Pesadelos), os lunabots e os lunatóns, os gusanos de luz, as fermosas bolboretas lunares...







A historia está chea de elementos fantásticos que manteñen o noso interese na lectura: a familia que se ve ameazada polo temible Sombra, o amigo fiel Luz Nocturna, a batalla entre a luz e a escuridade e, finalmente, o triunfo da bondade. Para os nenos é tranquilizador pensar que sempre hai alguén que os coida e para iso se crearon os Guardiáns da Infancia. Pero para ser un bo Guardián da Infancia é preciso facer un xuramento. E os Pementeiros, que xa lle están collendo o gusto a isto do artisteo, quixeron hoxe facer o seu propio xuramento e que eu os gravara, claro (agora xa temos que deixar constancia de todo o que facemos no cole para poder compartilo cos papás e mamás na casa). E aquí tedes o profundo e sentido xuramento destes Guardiáns da Infancia pementeiros.

¿Como o vedes? ¿Sábense meter na historia, ou non?
E agora, comparto convosco unha canción dos Beatles (xa que últimamente estivemos disfrutando tanto con The Octopus´s garden de Ringo Starr) que se titula Across the Universe. Tamén a escoitamos moito na aula mentres traballamos e xa "chapurrean" a letra como poden. Encántame escoitar como cantan no seu "pementeirenglish". E todo vai quedando gardado aínda que, de entrada, non entendan nada.




¡Uffff! ¡Que mañán tan intensa! E despois aínda tivemos un taller de modelaxe...
Pero iso é outra historia...


No hay comentarios:

Publicar un comentario