Na Pementeira, o encargado de pasar lista cada día transfórmase nun robot moi especial chamado Saturno 6, como xa sabedes. Os últimos nenos e nenas que sufriron este proceso de transformación robótica para realizar estas tarefas rutinarias foron Nora, Leo, Alba, Mencía, Ana e Samuel.
O pasado venres tivemos a oportunidade de ir á aula de desdoble a traballar coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva). Primeiro estivemos vendo a presentación sobre o sistema solar na que fomos aprendendo a relación entre cada un dos planetas e os deuses gregos e romanos. Á vez tamén fomos coñecendo algunhas interesantes e fermosas obras de arte.
Despois estivemos xogando con Teastronomía.
E, por último, estivemos na "aula de psico" bailando todos xuntos o "Cohete musical".
Eu quero un Saturno 6 "tamaño profe"!!! encántame!!!
ResponderEliminarPois haberá que buscar os materiais e poñer aos inxeñeiros técnicos espaciais a construir un novo robot!!! Non sei se daremos feito!
EliminarQue chulo Saturno 6!!!, e que ilusión teñen por ser encargad@s, moi ben Pementeir@s, que divertido e o voso cole!!!
ResponderEliminarCada día vou coa ilusión de ter unha xornada interesante, divertida e productiva. Moitas veces non o consigo! Saturno 6 procura botarme unha man poñendo un pouco de fantasía nas rutinas de aula. Gústame que desde as casas valoredes estas propostas porque cando os nenos/as ven que vos disfrutades coas cousas que facemos no cole, eles veñen con máis ilusión e teñen máis ganas de participar, de que lles saque fotos para poñer no blog e que as podades ver na casa, de aprender cousas novas para que vós os felicitades... A vosa resposta na casa é fundamental para les. Grazas Pili, por visitarnos e por deixar o teu comentario!
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar