UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 10 de septiembre de 2014

¡¡¡¡ DESPEGAAAAAAMOOOS!!!!


Xa chegou o día! Todos os pementeiros e pementeiras e a profe estamos xuntos de novo para comenzar o curso escolar 2014-2015.
Tivemos unha entrada no cole fantástica. Os que xa coñecían a aula, a profe, os xoguetes, os contos, o patio e todo o que temos por aquí neste cole, non tiveron ningún problema e chegaron con ganas de falar, de cantar, de recordar historias e cousas aprendidas,e ata de celebrar cumples. Os novos, unha dama chamada Mencía e un cabaleiro coñecido por Chiño, tampouco mostraron ningunha preocupación por esta nova etapa da súa vida. Ben ó contrario integráronse con toda facilidade no grupo de expert@s pementeir@s.
Alegreime moito de ver o contentos que estiveron todos na aula e no patio (no que levamos unha sorpresa porque temos un areeiro cheíño, cheíño a rebosar de area lista e preparada para meterse nos zapatos de todos os peques de infantil)
Aquí vos deixo unhas fotos deste primeiro día.






¡BENVIDOS TODOS, NENOS/AS E PAPÁS E MAMÁS A ESTE CURSO ESCOLAR 2014-2015!
ESPERO QUE DISFRUTEMOS MOITO  APRENDENDO, INVESTIGANDO, XOGANDO E MEDRANDO XUNTOS!



3 comentarios:

  1. Así me gusta Pementeir@s, que empecedes con moitas ganas!!!!! benvid@s de novo ao cole!!!

    ResponderEliminar
  2. Collerías forzas Teté que estes traen as pilas cargadas

    ResponderEliminar
  3. Mellor, mellor. A min gústanme os nenos que teñen ánimos de facer cousas, que para durmir, como eu lles digo, xa temos toda a noite. Seguro que imos aprender moito disfrutando no cole todos xuntos.

    ResponderEliminar