Onte tivemos unha sorpresa na "Pementeira". Mirade, mirade...
A mamá de Pablo M. (da "Sementeira" -4anos-) "construiu" un castelo con tabletas de chocolate, cucuruchos, galletas e cereais. Non lle faltaba detalle: as torres, a ponte levadiza, o foso,as almeas...
A profe Ana trouxo o castelo á nosa aula para que víramos que castelo máis chocolateado tiñan na súa clase. E, ademáis, deixounos probalo. ¡Estaba deliciooooooooso!
¡GRAZAS PILI, PABLO E PROFE ANA POR COMPARTIR ESTE CHOCOCASTELO CONNOSCO!
GRACIAS A VOS POR DEIXARNOS COMPARTIR E PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES DOS NOSO FILLOS. XA SABES QUE EU FAGOO ENCANTADA. (creo que me estou emocionando...) CANDO TODOS MEDREN E SEXAN XA RAPACES E RAPAZAS DE PRIMARIA E SECUNDARIA CREO QUE VOU TER UN POUCO DE MORRIÑA DESTES ANOS.
ResponderEliminar¡¡ Dou fe que vas ter morriña!!, mira pra min, xa non teño ningún en infantil e aquí sigo "enganchada".
EliminarE felicidades polo pastel, xa se ve nas fotos que ós nenos faiselles a boca auga, non sei que sería das torres si non estiveran as profes diante, je,je ,
Bicos es apertas.
Pois graciñas ás dúas por seguir connosco! As profes intentamos que as actividades que organizamos no cole sexan significativas para os cativos/as. A vosa participación e colaboración axuda moito a que os nenos/as se impliquen e vivan todo o que nós lles preparamos. Así que grazas pola vosa axuda, e sobre todo pensade que cando os vosos fillos e fillas medren e comprendan todo iso estarán superorgullosos das súas familias! Unha forte aperta para as dúas e para todos os papis e mamis que se meten nestes mundos que "creamos" en infantil.
ResponderEliminar