Seguimos aprendendo moito sobre arte. Agora coñecemos unha nova palabra: BODEGÓN. Un bodegón é unha pintura na que se representan alimentos, bebidas ou utensilios relacionados coa comida. Na Pementeira estivemos pintando un bodegón de Cezanne, un pintor francés do que tamén coñecemos a obra "Os xogadores de cartas".
E aquí están os nenos e nenas traballando e o resultado final.

Impresionante. Obras dignas de estar expostas. Noraboa de novo. Pedazo de artistas!
ResponderEliminar