Chegou o luns e os pementeiros/as comprobaron o resultado do segundo experimento coa cor. Como sabedes, nesta ocasión as cores que puxemos nos vasos foron o amarelo e o azul. Durante o fin de semana as cores foron "subindo" polos panos de papel e chegaron ao vaso central onde se mesturaron creando unha nova cor.
Así que grazas a este experimento xa sabemos que se mesturamos vermello e amarelo conseguimos a cor laranxa, e se mesturamos o amarelo e o azul conseguimos verde.
Na aula seguimos traballando cousas diferentes: o trazo de letras e números, a grafía dos nomes e moitas cousas do proxecto. Hoxe traballamos así de tranquilos na Pementeira...
Traballando marzo 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Marcos tróuxonos un calendario con moitas imaxes de París e aproveitamos para recordar que cousas coñecemos da Cidade da Luz.
Q ben escriben, como traballandan concentrados, e eses xirasois q van quedar fantásticos .. Noraboa de novo, a todos, pementeiros/as e á pementeira "xefe” tamen por suposto. Ja ja ja
ResponderEliminarQue comcentrados estàn a traballar,¡¡¡encantame!!!!!,non sabìa que xa escribira o seu nome,non me conta nada!!! menos mal que o vexo aquì!!! ¡¡¡noraboa polo esforzo è o bo traballo!!!
ResponderEliminarNa PDI todos se animan a escribir pero no papel xa non lles apetece tanto, jajaja. As novas tecnoloxías enganchan desde que chegamos ao mundo e o que nunha pizarra interactiva parece un xogo, nun folio xa parece un traballo. Pero, en fin, a maioría dos pementeiros/as poñen o nome moi ben a verdade, e practicando na PDI con esas ganas seguro que conseguiremos que o fagan requetebén nas actividades impresas tamén.
ResponderEliminar