Tamén fomos ver os bulbos que plantaron os nenos/as do Paseo do Espolón; algúns xa brotaron e se convertiron en preciosos narcisos.
Así que o venres tivemos a oportunidade de plantar os nosos bulbos e agora teremos que esperar un pouquiño para poder ver que é o que brota. Collemos uns testos, uxemos terra e colocamos os bulbos con coidado no seu leito terroso e, por último, botámoslle un pouquiño de auga que é imprescindible para que medren as plantas.
E antes de marchar aínda tivemos tempo de disfrutar un pouquiño vendo a presentación dos nomes que está no blog (que é probablemente a favorita dos pementeiros/as). Así aproveitamos para repasar os nomes de todos os compañeiros, observando a súa escrita e para xerar ese espíritu de grupo e de equipo que nos gusta ter na aula.

Ahora toca esperar a ver q nace neses testos despois de plantar OS "bulbos"
ResponderEliminarPreciosos están os narcisos dos nen@s do paseo do espolón. Enzo encantado estaba coa plantación de bulbos, me dixo que plantaran flores, e nos explicou o proceso de plantación 😅😅, Agora si, toca esperar a que broten 🌷🌷🌷🌷
ResponderEliminar