sábado, 16 de abril de 2016

SEGUIMOS COÑECENDO ÁFRICA

Aínda que na pementeira estamos descubrindo outras cousas sobre as artes plásticas e a música, seguimos practicando a lectura e a escritura, seguimos facendo sumas e restas e avanzando no cálculo mental e moitas cousas máis, aínda así non nos esquecemos do noso proxecto sobre África. Seguen chegando cousas para o noso recuncho e continuamos aprendendo xuntos.
Mariña trouxo un libro sobre Nixeria que trae fotos impresionantes dese país africano e outro vestido chegado de Mozambique.


Leo trouxo unha bolsiña con dátiles recollidos no Xardín Botánico de Padrón e mostroullos a todos os compañeiros. Explicoulles qque eran máis pequenos que os que nós probamos na aula e que aínda non estaban maduros  e non se podían comer.

 

  

 
 

Tamén lemos un conto novo titulado "Mabo e a hiena" que nos gustou moito.



Noa fixo un elefante moi realista coa plastilina e decidimos poñelo, tamén, no blog para compartilo coas familias.
Como vedes, África ten moito que ofrecernos. Espero que moito do que estamos aprendendo perdure no tempo e os pementeiros/as recorden esta experiencia tan enriquecedora.















No hay comentarios:

Publicar un comentario