lunes, 18 de abril de 2016

¡ANTÍA XA TEN 6 ANOS!

Seguimos con festexos de aniversarios. Hoxe celebramos o cumple  da pementeira Antía que xa pasou a formar parte do clube dos 6 anos. O venres non poidemos celebralo porque foi un día moi intenso e non tivemos tempo, pero hoxe xa fixemos a nosa festiña correspondente.
Xa sabedes que seguimos sempre o mesmo ritual: apagar as 6 candeas, canción de cumpleanos e ¡a disfrutar dunhas deliciosas galletas! Coma sempre non qedou nin unha mísera migalla. ¡Estes pementeiros son ben larpeiros! Non sobra nadiña.
 


 








  












E despois do banquete, Antía quixo compartir cos outros profes de infantil uns bombóns deliciosos que sei eu que gustaron moito. ¡Grazas, Antía, por compartilos connosco!





No hay comentarios:

Publicar un comentario