Xa estamos a mércores. ¡A semana pasa voando!. Onte tocoulle ser Willy Fog a Mario que estaba moi feliz pasando lista e sendo o protagonista do día.
Despois de facer o panel, puxemos en práctica, unha vez máis, o noso sistema democrático de elección do conto do día. Nesta ocasión a votación foi para elixir ente "Os petos de Loreto", "Colores" e "Olivia". Como vedes, polos votos obtidos, o conto gañador foi OLIVIA. Se vos digo a verdade eu estaba convencida de que ía gañar "Colores" porque levaban varios días pedíndomo e, finalmente, a gañadora foi a inqueda porquiña Olivia que constrúe o Empire State Building coa a area da praia, visita os museos para ver moitas obras de arte que xa coñecemos e pinta nas paredes da súa casa todo un "jackson pollock" que fai que a súa mamá a mande a pensar un pouquiño...
Hoxe tocoulle o turno de ser Willy Fog a Pablo que pasou lista estupendamente e levou un aplauso dos compañeiros. ¡Mirade que orgulloso estaba!

E non quero ser pesada coas recreacións de obras de arte (e que me encantan, non podo evitalo, todas as que trouxeron os pementeiros/as son magníficas) pero ¿non pensades que esta é unha fermosísima escultura para recrear?
Cantos libros interesantes e divertidos! Non coñecia a escultura, pero sí é moi bonita e unha boa posibilidade para recrear outra obra de arte, tes razón Teté.
ResponderEliminarUn saúdo
Pili e Iria, a ver se vos teño que poñer unha silla na aula para que veñades vós tamén con Marcos e Icía, jajajaja. Pois xa sabedes, a falar moito cos peques, visitar o blog sempre e investigar todos xuntos que sempre hai cousas que aprender.¡E a historia da arte é un mundo fascinante! O mellor desta metodoloxía é que aprendemos todos xuntos: nenos, profes e papis.
ResponderEliminar