viernes, 16 de diciembre de 2016

¡UNHA ÁRBORE DELICIOSA!

      Hoxe rematamos a decoración das nosas bolsas de Nadal (para levar os traballos ás casas) e, casualmente, Marcos trouxo unha árbore un tanto especial que nos valeu de celebración de fin de trimestre. E vos diredes, ¿por qué era esa árbore especial?, pois porque estaba feita no forno con masa de follado e chocolate.







 Como sobraron catro cachiños de nada  e non vin moita maneira de repartilos entre todos os nenos e nenas, decidimos levarllos ás outras profes para que probaran este doce tan navideño. Como só atopamos á profe Ana, démoslle a proba e sacamos a foto. Os outros cachiños repartinos máis tarde pero non houbo foto do momento da entrega.
¡Grazas Marcos e familia por esta sorpresa tan rica!

2 comentarios:

  1. Marcos fixoo con toda a ilusión de q gustase a todos e todas (seguindo as instruccions de mamá, e coa acuda dos irmans que tamen fixeron a sua)
    Alegrome q coincidise un bo día. Non a fixemos para esta semana q queda porque suponía q ibades estar mais atareados con remate de traballos, celebracions etc.
    Todo o noso cariño e Bo Nadal a todas as familias (tamen a da Profe, por suposto)

    ResponderEliminar
  2. Poñedesvos as botas!!!que boa pinta ten

    ResponderEliminar