jueves, 24 de noviembre de 2016

PINTANDO COMA MONDRIAN

Seguimos explorando as técnicas e os estilos pictóricos de diferentes artistas plásticos. Hoxe estivemos observando e comentando pinturas de Piet Mondrian, un pintor holandés un tanto peculiar xa que, despois de anos de investigación chegou á abstracción xeométrica (empregaba sempre liñas horizontais e verticais e, de feito, rompeu a súa relación artística con Van Doesburg porque este empezou a utilizar liñas diagonais nos seus cadros!) e decidiu empregar unicamente cores primarias (como anécdota, contan que na súa casa estaba prohibida a cor verde).
Imagen relacionada
Imagen relacionada
Imagen relacionada
Pois ben, despois de descubrir a Mondrian, estivemos pintando un cadro coma os del e quedou ¡FANTÁSTICO!


















E coas nosas obras de arte, estamos empezando a organizar un auténtico museo. Mirade como quedan os cadros de Pollock e Mondrian xa enmarcados e listos para colocar.
Resultado de imagen de ElmerVendo as obras de Mondrian, descubrimos que un amiguiño noso que se chama Elmer se parece moito ás pinturas deste famoso pintor.






2 comentarios:

  1. Están feitos uns artistas. Visto así en fotos, calquera diría que é orixinal. Como sigan así, a cuadro por día, a final de curso temos unha pinacoteca máis grande co Museo do Prado,. Que maravilla!

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que estamos traballando moito e son moitos nomes (novos para eles), moita información diferente e, claro, ás veces é complicado pronunciar todo perfectamente por un lado ou recoñecer todo o que din eles polo outro. Certamente se imos traballando a este ritmo, o recunchiño de infantil do cole vai quedar espectaculaaaaar!Eu estou encantada véndoos pintar con esta tranquilidade e concentración, e sempre saen voluntarios, non teño practicamene que insistirlles. ¡Están facendo que sexa fácil convertirse en artistas de verdade!

    ResponderEliminar