UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO.Arnold H. Glasow
lunes, 14 de noviembre de 2016
O DRAGÓN VERMELLO
A semana pasada lemos un conto moi bonito sobre un dragón vermello que botaba lume pola boca. O conto mantivo o interese e a atención de todos os pementeiros e levounos a reflexionar sobre cuestións moi interesantes. Por exemplo a importancia de ser libres, xa que todos estivemos de acordo en que non nos gustaría que nos meteran nunha gaiola e non nos deixaran saír. E, tamén, sobre o feito de que certas capacidades que parecen un problema, poden ser útiles se sabemos empregalas ben.
Os pementeiros e pementeiras tiñan ganas de pintar o dragón con pincel, así que hoxe tivemos oportunidade de facelo.
Como vedes, pintar e escoitar música relaxa moito e fainos sentir ben.
O venres visitamos a biblioteca grande do cole por segunda vez e lemos o conto "A tartaruga que quería durmir"
A historia gustounos moito pero aos pementeiros/as costoulles un pouquiño entender que os agasallos non teñen que ser sempre cousas materiais, así que adicamos un pouquño de tempo a explicar que o agasallo do león, que consistía en controlar que ninguén fixera ruído para que a tartaruga poidera durmir, era tan importante para ela como o pucho, a torta de pera ou a manta que lle ragalaron outros amigos. ¡Sempre nos gusta visitar a biblioteca e escoitar contos!
Se queredes escoitar na casa o conto da tartaruga, clicade no debuxo...
Jajajaja, pois sería por iso, porque falamos de que a nós tampouco nos gustaba nada que nos tiveran encerrados coma ao dragón. Espero que se siga sentindo así de libre, que non é cousa fácil...jajajaja!
Por eso esta mañá Enzo decía cos brazos abertos ( Soy libre ) jajaj. Que concentrados estan pintando o Dragón rojo ☺
ResponderEliminarJajajaja, pois sería por iso, porque falamos de que a nós tampouco nos gustaba nada que nos tiveran encerrados coma ao dragón. Espero que se siga sentindo así de libre, que non é cousa fácil...jajajaja!
Eliminar