jueves, 18 de febrero de 2016

OS FLAMENGOS BAILARÍNS

A resposta ao último reto proposto na Pementeira chegou hoxe sen retraso. A cuestión que había que investigar era:
-¿Por que bailan os flamengos?
Falando cos pementeiros/as sobre a fauna africana, expliqueilles que os flamengos fan uns movementos moi acompasados e rítmicos que recordan moito ao baile. 
Mirade que cousa máis fermosa.
Pois ben, varios pementeiros/as averiguaron que este baile grupal é unha maneira de mostrar os seus encantos a unha posible parella para, a continuación, poder ter fermosos flamenguiños. É decir, é como un baile nupcial, unha ceremonia anterior ao proceso de reprodución.
E aquí podedes ver as respostas dos xeniales investigadores e investigadoras.












¡Parabéns para Anxo, Ana, Noa, Nora, Zinthia, Antía e Leire por descubrir este enigma!
Estou moi contenta de ter algunhas novas investigadoras na aula. Ogallá que sigan animándose a participar máis nenos e nenas.
E como os retos da Pementeira sempre deixan pegada, pois agora temos uns flamengos no noso corredor, xusto ao ladiño do temible hipopótamo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario