jueves, 22 de octubre de 2015

CONCURSO DO SAMAÍN E MÁIS COUSAS

Está achegándose a celebración do Samaín e o cole Rosalía ten convocados un par de concursos para encher os corredores de relatos de suspense,  imaxes terroríficas e bruxas malévolas. Na Pementeira houbo moi pouquiña participación, así que quero felicitar aos que se animaron a facer algo para decorar o cole.
¡Parabéns para Inés, Alba, Samuel e Leo!








 Por outra banda, seguimos investigando e aprendendo cousas sobre África. Os pementeiros seguen traendo cousiñas para o recuncho que está e medrar...
Anxo trouxo información sobre o Mundial de Fútbol do 2010 que se celebrou en Sudáfrica e gañou España. Lucas trouxo dous documentais sobre Exipto.
Nora trouxo un libro titulado "Palabra de Cocodrilo" e Antía uns animais da sabana.



 Mencía trouxo un libriño dunha nena africana, no que se pode pintar e poñer pegatinas.

Roi fixo, coa súa avoa, un mural sobre os instrumentos africanos e explicoullelo aos compañeiros. Estaba moi orgulloso do seu traballo.




Mariña trouxo unha cestiña como a que empregan os encantadores de serpes na India e tamén nos países do norte de África como Marruecos, Túnez ou Exipto. ¡É preciosa! Agora xa temos cesta para meter a serpe que trouxo Nora e poder tocar a frauta para que saia danzando.

 Leo trouxo un elefante de xoguete (porque un de verdade igual non nos cabe na aula). E Nora trouxo unha cerbatana e un tambor Den-Den.


Alma trouxo un león e un hipopótamos de xoguete.


E así vai quedando o noso recuncho africano (que teño que ir ampliando)...

 

 
Seguimos facendo o panel con novos xefes e xefas Mossi cada día. Mirade ...

















No recreo, algúns pementeiros/as quixeron facer o Mnte Kilimanjaro coa area e posaron para a cámara así de satisfeitos.

 E, por fin, rematamos de pintar todos os países do continente africano.













No hay comentarios:

Publicar un comentario