miércoles, 24 de junio de 2015

ÚLTIMAS TAREFAS DO CURSO

Xa sei que a actuación dos chicos e chicas de infantil foi insuperable e agora pouco interesante vai ser o que poña nesta entrada. Pero, en fin...
Aquí van as fotos das últimas cousiñas que fixemos no cole.
1.- Portadas dos traballos e decoración das bolsas.






































2.- Visita dos nenos e nenas de 4ª ao módulo espacial de infantil: os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos fixeron de "relatores" contándolles aos visitanes algunhas das cousas que están representadas nos corredores e que aprendemos co noso proxecto sobre o universo.



3.- Aquí tedes aos "pementeros coas súas bolsas decoradas, cos seus traballos e as notas, dispostos a ensinarvos nas casas todo o que fixeron.




























4.- Por último, ¡por fin rematamos a carta para mandar aos noso amigos do cole de Tirán. Agora teremos que esperar a setembro para que a lean e nos respondan.








3 comentarios:

  1. Preciosa esa bolsa!!! que simpática quedou ca sua foto... E con que ilusión nos enseñou todos os seus traballos nada mais chegar a casa, que bonitos !!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Marcharon todos contentos con ganas de ensinar nas casas todo o que fixeran.É estupendo que teñan ganas de compartir as cousas do cole coas familias porque iso indica que buscan a vosa aprobación, que comprenden que é importante facer cousas por si mesmos e mostrar o que saben. Eu pretendo que disfruten no cole, que aprendan moito, claro, e que se sintan orgullosos dos seus esforzos e dos seus logros. Así que agora a disfrutar moito do verán que tamén é moi importante.Unha aperta forte, Pili!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar