sábado, 14 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Como xa sabedes o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Tamén vos contamos xa que os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron conxuntamente un traballo sobre a cosmonauta rusa Valentina Tereshkova.
Onte, todos xuntos fomos colocar  a nosa "presentación" sobre Tereshkova nun panel situado no corredor do cole.
 

Anabel, Alejandro, Candela e Leo leron a información sobre Valentina Tereshkova que recopilamos e escribimos entre todos.










Despois Tanis foi o encargado de colocar o noso traballo no panel...

 ... e aquí podedes ver o resultado final. A nosa Valentina Tereshkova compartindo protagonismo con outras interesantes mulleres como Anna Magdalena Bach, Lucretia Caroline Herschel, a Bela Otero e Malala. Pronto estarán tamén nese panel Marie Curie e Hipatia de Alexandría.

Aproveito esta entrada para colocar as fotos das últimas nenas robotizadas da Pementeira.







E aquí están máis "valentinas tereshkovas" rematadas.




E, por último, aquí está  a contribución dos nenos e nenas de Educación Infantil para o periódico do cole.





No hay comentarios:

Publicar un comentario