martes, 17 de junio de 2014

¡PREMIO DO PUNTÓMETRO!

O venres a profe María fixo entrega na aula "A Pementeira" do premio do Puntómetro. Durante todo o curso participamos nunha actividade organizada polo Equipo de Extraescolares que consistía en manter as aulas limpas e ben organizadas. A profe María era a encargada de vir de vez en cando a revisar a nosa clase para ver como estaba. Se atopaba a aula limpiña, sen papeis nin galletas polo chan gañábamos un punto verde. Se atopaba a aula sucia, entón tiña que poñer un punto vermello. Tivemos sorte e como sempre nos puxo un punto verde, levamos premio. ¡Menos mal que non veu un deses días nos que tiven que enfadarme para que os pementeiros/as recolleran as cousas do chan, porque máis dunha vez penso que merecíamos o puntiño vermelliño!

En fin, esperemos que o curso que ven, xa non coste tanto traballo facer o que nos pide a profe e podamos ter a nosa clase limpia e recollida. Porque a todos os nenos e nenas lles gustou recibir o premio. E o que quere un agasallo ten que esforzarse para gañalo.
¡Mirade que contentos estaban!












2 comentarios:

  1. Moi ben por eses peque pementeiros!!!!
    E moi ben por estas profes que fomentan as boas conductas destes Nenos!!
    Regalos para todos������������. ��

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Mela, ti sempre dando ánimos, que se agradecen moito, jajajaja. Unha aperta e segue a visitarnos de cando en vez!

      Eliminar