martes, 17 de junio de 2014

¡FELIZ ANIVERSARIO ZINTHIA!



Xa a piques de rematar o curso, aínda nos quedan algúns cumples por celebrar. Hoxe tocoulle o turno a Zinthia que xa é unha moza de 4 anos. Como é habitual, apagou as candeas coa súa coroa de raíña e despois... ¡A comer as galletas! Mirade que ben o pasaron todos. E debían ter fame que non quedou nin unha. Todos dixeron que as pastas que trouxo Zinthia, e os barquillos de chocolate estaban super-deliciosos.
Como vedes, a raíña do día tiña algúns problemiñas para soplar as candeas e, á vez, aguantar da coroa que lle queda un pouco grande. Pero ao final conseguiuno.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario