martes, 22 de abril de 2014

DE VOLTA AO COLE

Despois das vacacións de Pascua, chegou o día de regresar ao cole para reencontrarnos cos compañeiros e disfrutar das rutinas e actividades escolares. Hoxe como había moi pouquiños nenos e nenas no cole, os de infantil (de 3, 4 e 5 anos) estivemos todos xuntos. Primeiro estivemos falando das vacacións, na aula de 3 anos vimos un puzle novo (que chegou desde Holanda) e despois xogamos e merendamos xuntos (nun picnic pero a cuberto, na aula de psico, porque orballaba un pouco)









 A profe María troxo un ovo de chocolate grande que compartiu con todos os nenos e nenas, e coas profes ¡Grazas profe María!







E despois da hora do recreo, empezamos a facer unhas bolboretas que rematamos pola tarde. ¡Quedaron superchulis!











































No hay comentarios:

Publicar un comentario