martes, 25 de febrero de 2014

¡LUCÍA XA TEN 4 ANOS!

Onte luns 24 de febreiro (por certo o día do cumple de Rosalía de Castro) celebramos o aniversario de Lucía.  Estaba moi contenta e despois de apagar as candeas (con gran esforzo porque sopraba e sopraba pero non había maneira...) quixo compartir con todos os compañeiros/as unha caixa de galletas (que desapareceu voando).












Para Lucía foi un día completo xa que lle tocou ser a encargada (a bufón do día) e pasar lista. Aquí está o vídeo no que a podedes ver facer a súa tarefa de encargada. A pena é que onte había un pouco de ruído e non se escoitaba moi ben.
E xa para rematar o luns, tamén podedes ver como traballaron os pementeir@s.

2 comentarios:

  1. Noraboa polo blog, son a tía de Lucía e para min é unha sorte poder ver os seus avances día a día no cole a pesar da distancia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por visitarnos e deixar un comentario. Certamente os blogues permiten compartir moitas cousas coas familias!

      Eliminar