lunes, 27 de enero de 2014

¡PARABÉNS NORA!

Hoxe tivemos festa de cumpleanos. Nora celebrou cos seus "compis" de "A Pementeira" os seus 4 anos. Hai que ver, está feita unha moza. Fixádevos como xa se nota nas fotos que se está facendo maior, apagando as velas con toda a súa concentración. 

Hoxe, a raíña do día foi NORA.














Como vedes, deron boa conta das galletas.

No medio destes pementeiros e pementeiras, había unha que levaba un gorro bastante especial. ¿Védela? É Sara, que foi a encargada de hoxe. E leva un sombreiro de bufón. Como agora xa estamos en plena Idade Media, os encargados xa abandoaron o mundo dos Pitufos e vanse engalanar con este gorro singular e multicolor. Sara estaba tan contenta que estivo toda a mañán con el posto. E xa teño voluntarios para facer o panel mañán. O que son os accesorios! A todos os cativos/as lles gusta isto de disfrazarse!




No hay comentarios:

Publicar un comentario