viernes, 15 de noviembre de 2013

UN BECHO ESTRAÑO

Esta semana na "Pementeira" disfrutamos dun conto moi especial titulado "Un becho estraño". É unha historia sin fin porque cando pensas que rematou... daslle a volta ó conto... e volve  empezar. 
A todos os pequepementeir@s lles gustou moito, por iso decidimos facer un vídeo que vos mostrara aos papás e mamás como é ese becho estraño que nos visitou. 
Disculpade que non vaia moi ben feito porque eu non sei moito destas cousas, nin teño a tecnoloxía que se precisaría para elaborar algo máis "profesional". Así que o que podedes ver é unha sinxela montaxe para que contempledes aos vosos fillos/as atentos e interesados nesa fantástica historia.


Despois de escoitar e ver todo o que lle ocurría a este becho, que pode dar voltas e voltas todo o día sen parar, todos os pementeir@s quixeron sacar unha foto con el. É un novo amigo que temos no cole e que nos acompañará ao longo do curso. ¡Mirade que guapos e guapas están!












3 comentarios:

  1. ¡Pero bueno! ¡menudo becho que tedes na aula! está ben gracioso. Eu non coñecía ese conto. Penso que un día vou a pasar pola Pementeira para que me deixedes levalo e contarllo aos nenos nenas da Sementeira.
    Por certo profe, o vídeo está xenial!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas profe Ana!!!! Por suposto podes vir e coller o conto cando queiras e ben seguro que o becho estraño estará contento de visitar novos mundos e coñecer xente estupenda noutras aulas! E penso que aos nenos e nenas de 4 anos tamén lles vai gustar esta historia porque é moi chuli. Grazas de novo por visitarnos e deixar o teu comentario e grazas tamén polos ánimos!

    ResponderEliminar
  3. Estou sen tarxeta de sonido e non pode escoitar o video pero seguro que é divertidísimo

    ResponderEliminar