martes, 17 de septiembre de 2013

SEGUIMOS AVANZANDO

Aquí estamos de novo con máis cousiñas interesantes do cole.
Como  "EL POLLO  PEPE" é tan amigo noso que non marcha da aula "A Pementeira" decidimos que era unha boa idea que cada un dos novo pequepementeiros/as pintara o seu propio  PEPE con pintura de dedos. Cando preguntei de que cor é PEPE todos contestaron "AMARELO" e a señorita Antía aclarou:
- Ou yellow.
¡Menudo nivel! xa sabemos que amarelo en inglés dise yellow. ¡Xenial!
Ben, pois aquí vos deixo as fotos dos vosos peques pintando a PEPE. ¡Quedaron chulísimos!.











Hoxe  xa estivemos máis tempo xuntos no cole e, por iso, despois de facer unha ficha tivemos tempo para xogar un pouco. Despois, disfrutamos cantando e bailando unha canción nova.  Case todos os pementeiros/as foron repetindo os movementos que eu facía. 








A ver se dentro de pouquiños días, podo poñervos un video para que vexades que ben o fan. Penso que hoxe xa o fixeron bastante ben, para ser o primeiro día.Temos que pulir algúns detalles pero iso é normal. Así que seguro que dentro de pouquiño a actuación será perfecta.

2 comentarios:

  1. Bueno, bueno, bueno,... menud@s artistas que ten a profe Teté na clase de tres anos! pintan, bailan,... fan de todo!!! Eso sí que é vir con ganas ao cole! Parabéns peque-pementeir@s!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas profe Ana. Ti xa vistes hoxe que campeóns son, o ben que se están portando. A ver se seguimos así e estes novos pementeiros aprenden moitas no "cole" e disfrutan con todo o que facemos. Agora xa queda pouquiño para rematar o período de adaptación e despois... ¡vento en popa,a toda vela!

      Eliminar