jueves, 28 de febrero de 2019

MÁIS MANDAS DO MECO

   Dúas últimas mandas do Meco antes de celebrar o Entroido por todo o alto. Onte tocounos decorar a roupa con pinzas e hoxe poñer algo no pescozo. Aquí están os pementeiros/as mostrando  o ben que cumpliron as mandas.














   Pero non pensedes que sólo estamos de festa no cole, tamén seguimos traballando que hai tempo para todo. Aquí vos deixo a resposta aos dous últimos retos: o primeiro consistía en averiguar as diferencias entre un elefante africano e un elefante asiático; e o segundo era investigar sobre un deus da Polinesia que orixinou as illas Hawai. ¡Parabéns a Mariña, Alex V.S., Dani, Marcos, Gabriel, Rafiña









    Enzo tamén investigou pero en vez de buscar información sobre Maui, buscouna sobre Kanaloa. pero quero recoñecerlle o esforzo de recordar que se trataba dun deus de Hawai.

Imagen relacionada

 E con Maui despedímonos ata mañán que é o noso día grande do Entroido. Seguro que os pementeiros/as veñen todos espectaculares e moi mitolóxicos sobre todo.

Resultado de imagen de gifs animados mitología

martes, 26 de febrero de 2019

EMPEZA O ENTROIDO

      Hoxe foi o primeiro día das Mandas do Meco e tocou vir coa cabeza tapada. Como estaba un día tan bonito, aproveitamos para facer as fotos fóra para aproveitar as raiolas do sol de febreiro.






     E onte tivemos unha visita xenial. Andrés e Ana viñeron mostrarnos un auténtico traxe típico do Entroido galego chamado Mázcara, concretamente da Xironda no concello de Cualedro en Ourense. Primeiro apareceu polo patio na hora do recreo e houbo algún que outro susto. Algúns pementeiros/as escaparon correndo buscando refuxio na casiña. Pero despois xa superado ese susto inicial, Andrés mostrounos con máis calma o seu traxe, a máscara, o sonido que fai cando se move... O traxe é realmente espectacular, cun traballo delicado e tremendamente detallista e elaborado, a máscara levaba unha pel de raposa pola parte  de atrás e hai que ter moito control cando se leva posta porque o ángulo de visión é moi limitado e produce certa claustrofobia; e tamén hai que controlar moi ben os cencerros para facer sonidos rítmicos e constantes. A verdade é que nos gustou moito esta visita que Andrés e Ana nos fixeron a infantil. Permitíronlle aos nenos/as tocar a pel e probar a máscara e os peques disfrutaron moito. É xenial que se vaian recuperando estas tradicións galegas porque hai tempo para todo, para viaxar lonxe e descubrir tradicións completamente diferentes ás nosas e para permanecer aquí disfrutando do que é máis noso.