miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

    Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Paz e a Non Violencia. Durante dúas semaniñas os nenos e nenas da Pementeira estiveron colaborando na elaboración dun mural no patio do cole. É importante recordar valores como o respecto, a tolerancia, a comprensión, a xustiza, a igualdade de dereitos, o dereito a expresarnos libremente, o valor do traballo en equipo... hoxe e todos os días do ano por suposto. Por iso me gustou que os pemeteiros/as puxeran ilusión en pintar este mural que simboliza ese desexo de PAZ no mundo e recolle, tamén unha fermosa frase de Malala, Premio Nobel da Paz 2014, que nos recorda que podemos cambiar o mundo pero con cultura, educación, coñecementos e non con guerras e loitas.









































   Hoxe algúns pementeiros/as merendaron un pouco de chocolate quente con biscoito e, despois, asistimos a un sinxelo acto no ximnasio.



























5 comentarios:

  1. Que chulada Teté, espectacular!! E comparto con Iria, gran frase!! Noa contounos que pintaran un mural de Mafalda, non imaxinei esto nin de broma, chulisimo!!

    ResponderEliminar
  2. O mural de mafalda encantounos, o fermoso mural de mafalda

    ResponderEliminar
  3. Marcos de novo! Estase viciando!!!
    Non violencia sempre, por suposto

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas a todos! Non é que sexa unha gran obra de arte pero quedou simpático, penso que lle da un toque de cor ao patio e a mensaxe, por suposto, é xenial. Non podo estar máis de acordo con Malala. Entre todos podemos cambiar o mundo, espero que algún día sexa así... GRAZAS!!!!!!! Por certo, encántame que Marcos deixe mensaxes no blog. Hoxe dinlle as grazas no cole por darme ánimos para seguir plantexando diferentes actividades e estaba todo orgulloso!

    ResponderEliminar
  5. Quedou moi bonito!!! Noraboa profe e pementeir@s!!!😊

    ResponderEliminar