jueves, 13 de diciembre de 2018

OUTRA CAIXA DE PANDORA

    Alá polo mes de outubro xa coñecemos mito da Caixa de Pandora. Foi unha historia que lles gustou moito aos pementeiros/as así que decidín representar ese relato mitolóxico facendo que participasen os nenos e nenas simbolizando por unha bando todos os males que saíron da caixa mediante expresións faciais desgradables e, por outra banda, simbolizando a esperanza que quedou no fondo cun rostro relaxado, feliz e agradable. Porque no fondo dentro de cada un de nos se esconden cousas como o enfado, os ciumes, a dor, a ira, a envexa... pero tamén podemos sacar do noso interior cousas fantásticas como o amor, o respecto, a solidaridade, a comprensión, o afán de aprender... Así pois, en nos mesmos reside a esperanza. A esperanza de poder lograr cousas boas, de cambiar este mundo cheo de inxusticias, de guerras e de enfermedades. Iso é o que estou tratando de transmitirlles a estes peques: que aínda que moitas veces nos pelexemos, nos enfademos ou nos comportems de forma  inaxeitada, podemos darlle a volta a situación e tratar de modificar as nosas conductas convertíndoas en actitudes máis positivas. A fin de contas, os nenos/as son a esperanza dun mundo mellor, non?
   E aquí está o resultado final da nosa representación persoal do mito da Caixa de Pandora. Penso que aos nenos/as lles gustou moito o resultado final. Espero que a vos tamén vos guste.



















4 comentarios:

  1. Que pasada!! Quedou impresionante. Tanto a profe como os pementeiros poden estar ben orgullosos do traballo que fixestes. A min encantame. Noraboa a todos!!!!

    ResponderEliminar
  2. Encantanos!!!! Noraboa pementeir@s, un traballo increíble Teté👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  3. Quedou graciosa esa representación dos males, e eles/as disfrutaron véndose como se foran monstruos saíndo desa caixa. Algún dixo: "a mi me superencanta" e a min e que me "superencanta" esa expresión, jajaja. para eles ser protagonistas dunha historia é o máis do máis así que terei que seguir pensando en que mitos introducilos!!!!

    ResponderEliminar