lunes, 22 de octubre de 2018

FACENDO CERÁMICA AO ESTILO CELTA

   A semana pasada estivemos achegándonos ao mundo dos celtas. Xa sabedes que falamos dos castros e fixemos unha actividade impresa para afianzar algunha información básica e, despois, fixemos algo moi divertido: imitamos a maneira de facer cerámica dos celtas. No documental que tedes a continuación titulado "O legado celta" podemos obter moita información sobre os celtas, e ver con claridade como facían cerámica a partir de rulos de barro ou arxila, que ían superpoñendo e, a continuación, alisando. Se queredes ver como facían aparece a partir do minuto 25 (eso sí, anímovos a ver o documental enteiro, mamás e papás, porque é moi interesante).

   Pois ben, despois de comprender está técnica de elaboración da cerámica celta, os pementeiros e pementeiras empezaron a practicala coa plastilina e traballaron con bastante interese, concentración e precisión. E outra cousa importante é que disfrutaron moito coa actividade o cal é outra satisfacción máis.



























                                         


2 comentarios:

  1. Bo traballo! Unha actividade moi bonita a de xogar con plasti, pero enfocada asi, ainda "mola" mais.

    ResponderEliminar
  2. Olé! Mira ti as vasijas dos celtas, a mos tamén nos dixo que fixeran vasijas, pero sin máis, non sabía máis, que ben moi interesante e motivador!!

    ResponderEliminar