domingo, 23 de septiembre de 2018

VENRES VARIADO

   Hoxe nesta entrada do blog vouvos mostrar distintas actividades porque este venres foi bastante variado. Fixemos unha ficha recollendo os nomes dos nenos e das nenas que forman o equipo Perseo, coñecemos a historia de Obatalá, fixemos pulseiras e iniciamos as nosas sesións semanais de ioga...



















    Os nenos/as que o curso pasado merendaron froita os venres e que rematan o traballo pronto teñen a oportunidade de ir facendo unha pulseira con abalorios de cores. Poden poñer tantos abalorios como venres que merendaron froita, así que teñen que contar os gomets no rexistro e despois contar os abalorios. ¡Mirade que ben están quedando!




    Tamén disfrutamos vendo historias míticas na PDI, como o relato africano sobre a creación protagonizado por Obatalá.



   Antes de finalizar a xornada tivemos a nosa primeira sesión de ioga do novo curso na que recordamos algunhas asanas xa coñecidas. 






   E, como xa sabedes, a min encántame facer as tarefas acompañada da música porque penso que podemos traballar nun ambiente relaxado, sin berros, disfrutando de fermosas melodías e cancións de todo o mundo... e nesta ocasión escoitamos a Youssou N´Dour que, penso eu, lles gustou tanto aos pementeiros/as como me rechifla a min.

 




2 comentarios:

  1. Pois si que deu de si o venres. Alegrame ver que, de novo, están ilusionados con un proxecto que, creo, vai dar moito de si. Polo de pronto, Marcos xa se quedou coa historia de Obatalá e contanola ceando. Encantelle contarnos cousas que non sabemos, especialmente presume de que seus irmáns non as saben e enche o peito contandonos cousas. A ver se atopamos algo sobre o "deus africano" que nos di él para poder levar ao cole porque lle fai moita ilusión.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que estaban moi atentos á historia e falamos dela despois. Gústame ver como se achegan tamén a narracións que non son tan cercanas a eles, e mesmo as imaxes son diferentes ao que están afeitos a ver... gústame que observen, que se acheguen a outras realidades, a outras estéticas distintas e que vaian desenvolvendo os seus gustos e preferencias... a ver onde nos leva este proxecto.

      Eliminar