viernes, 27 de abril de 2018

CONSTRUÍNDO UN PÓLDER

       Con motivo da próxima celebración do Día de Europa, na Pementeira estamos empezando a adentrarnos nun dos países favoritos da profe: HOLANDA. Xa coñecemos algunhas cousiñas que nos están servindo para preparar unha presentación sobre ese fermoso país, que lle mostraremos a todos os que queiran visitar a nosa aula. Noutras aulas do cole traballarán sobre outros países europeos e os pementeiros/as esperamos poder visitar as súas mostras para coñecer EUROPA dun xeito moi directo.
    Pois ben, de Holanda sabemos por exemplo:
    1.-É un país pequeno que está por debaixo do nivel do mar.
    2.- Os holandeses construíron pólders para gañarse terreo ao mar do Norte. 
Resultado de imagen de pólders holandeses
    3.- Os muíños de vento servían para controlar o fluxo da auga polos canais e así evitar as inundacións deses terreos desecados, os pólders.
Imagen relacionada
    4.- A flor típica de Holanda é o tulipán, que en realidade foi traída de Turquía.
Imagen relacionada
      5.- A capital de Holanda é Amsterdam. En Amsterdam hai moitos canales, casas-barco e moitísimas bicicletas.

Resultado de imagen de amsterdam

Imagen relacionada


      6.- Os holandeses fundaron Manhattan, o corazón de New York.
Resultado de imagen de manhattan

Resultado de imagen de nijntje miffy7.- Aos nenos e nenas holandeses gústalle moito xogar co coelliño Nijntjie ver os seus debuxos animados ou ler os seus contos. 





      Para ir entrando en materia (porque aínda temos que aprender, e recordar, máis cousas sobre Holanda) estivemos vendo uns vídeos sobre Amsterdam, sobre os pólders e ata escoitamos unha canción en holandés que nos cantou Nijntjie.
   E como estamos mergullados no noso proxecto Nautilus, pensei que era moi interesante que os pementeiros/as comprobaran dun xeito o máis práctico posible (dados medios que temos nunha aula de infantil, claro) como os holandeses conseguiron ganarlle terreo ao mar mediante a construcción de diques e os pólders. 
    Empregamos una cubeta para facer de mar, pero primeiro medímola para saber qué lonxitude tiña que ter o dique que íamos construír. Fixemos o dique con pasta de modelar que tivemos que deixar secando toda a noite para que se endurecera.

    Comprobamos que o dique encaixaba na cubeta para que impedira o paso da auga do mar.

 
    Despois enchemos a cubeta de auga, colocamos o dique e procedemos a desecar unha das partes para, a continuación, encher ese espazo con terra. Unha vez seco o terreo e cuberto de terra xa se pode cultivar ou construír.


























       Agora esperemos que o noso dique resista ata o día 9 de maio polo menos!

miércoles, 25 de abril de 2018

LECTURAS E EXPERIMENTOS

        Hoxe foi un día ben completiño na Pementeira. Empezamos a xornada lendo unha fermosa historia a petición do grupo de nenos e nenas. Unha petición que me fixo especial ilusión, a verdade. A cousa foi que o luns celebramos o Día do Libro e falamos do que nos gusta ler, conversamos sobre D.Quijote e Sancho Panza e sobre as nosas historias favoritas. O martes chegou Daniel todo contento e contoume que o seu papá para celebrar o Día do Libro lle mercou un mentres el estaba na piscina. "¡Xenial! ¡Vivan eses papás e mamás que regalan fermosos libros aos nenos/as!Hai que felicitar a ese papá" díxenlle. Entón pregunteille: "¿E qué libro che mercou?" e díxome Dani: "Un que tes ti e que nunca nos contas!" Imaxinade a cara que me quedou... "E ¿que conto é ese?" e contestoume "El principito".
Resultado de imagen de el principito         En fin, os que me coñecen un pouco saben que eu son moi fan desa fermosa e poética obriña, chea de reflexións, de pensamentos que poden parecer moi simples pero son realmente complexos, de ensinanzas sobre a vida... Total debín de mostrar tanto entusiasmo e admiración polo principiño que hoxe nada máis entrar na aula, varios nenos xa me soltaron:"¿Hoxe vas contarnos El principito? " E, obviamente, esa foi a lectura de hoxe. E quero mostrarvos a curiosidade coa que os pementeiros/as miraban polos buratiños da caixa que o aviador lle debuxou ao principiño, dentro da cal había un cordeiriño (que, por suposto, todos viron perfectamente, e todos dixeron que era superbonito).






   Non podía sacar máis fotos porque tampouco quería romper a maxia da lectura pero é que estas expresións nas caras dos nenos e nenas tiña que mostralas.
    Na horade facer unha actividade impresa disfrutamos dun pouco de música espacial. Xa que o principiño vivía nun asteroide pois puxemos música relacionada con ese tema e escoitamos, por exemplo, "Across the universe" dos Beatles ou "Space Oddity" de David Bowie.


    A última hora da mañán fomos ver unha demostración de experimentos relacionados coa auga que fixeron os nenos e nenas de 6º A e pasámolo requetebén. Foron uns experimentos moi interesantes. Comprobamos, por exemplo, que un globo cheo de auga non explota se o "queimamos" cunha candea, ou que podemos facer una arco iris con lacasitos. ¡Mirade que interesados estaban os nenos e nenas da Pementeira!































    E aproveitamos para recordar os experimentos que tamén fixemos nós coa auga e con aceite, colorante e azucre. Por certo, un dos barquiños de papel que deixáramos navegando efectivamente apareceu ao día seguinte desfeitiño e afundido na auga (creo que eu me esquecera de mostrarvos a imaxe). E gran parte do aceite co que impregnáramos o barquiño estaba flotando na auga (porque como sabemos non se mestura con ela, nin se disolve).





   E por hoxe, nada máis. A ver se seguimos tendo historias para contar mañán.