viernes, 16 de marzo de 2018

¡SARA GARCÍA XA TEN 5 ANOS!

   ¡Qué alegría celebrar hoxe o cumple de Sara García! Merecía ter un día especial e disfrutar a tope coa súa celebración e comendo un biscoito delicioso. Xa sabedes que levaba uns días sen vir ao cole e sei que tiña ganas de volver a estar con todos os seus compañeiros/as. Penso que estaba moi feliz sendo a raíña do día, apagando as candeas, levando a coroa e compartindo un doce mariñeiro (e que estaba decorado cunha áncora que lles encantou a todos) e unhas galletas con todos os seus compañeiros/as e amigos/as. E, como xa é habitual na Pementeira, non quedou nin unha migalla do pastel nin unha galleta da caixa.
    


Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleaños





























      É xenial ter a Sara de volta no cole e por iso hoxe foi un día no que quixemos celebrar a importancia de ser compañeiros/as e amigos, e festexar a sorte que temos de estar todos xuntos nestes momentos e noutros moitos nos que aprendemos cousas novas, investigamos e experimentamos e traballamos como un auténtico equipo.

Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleaños

2 comentarios:

  1. La tarta me gustou moito moito y la ancla me gustou moito moito.Felicidades. palabras textuales de Enzo que me di que lle escriba a Sara García🎉🎊🎉🎊

    ResponderEliminar
  2. Felicidades Sara! Alegramonos moito de verte así de feliz no teu día😘👏

    ResponderEliminar