UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 21 de febrero de 2018

PALABRAS NOVAS 5

     Aínda que levábamos tempo sin facer definicións de novas palabras (porque houbo outras actividades e celebracións que non nos deixaron tempo para facelo), por fin onte retomamos esta tarefa que a min me encanta: aprender novo vocabulario e mellorar a expresión oral. Sen esquecer o feito de que estes pementeiros están afrontando importantes retos como superar o medo e a inseguridade a falar en público e ante unha cámara. 
      Estou moi orgullosa dos nenos e nenas que se van animando a participar, cada día un ou dous máis queren explicar o significado dunha nova palabra e, tras conseguir superar ese reto, síntense moi satisfeitos e eu tamén porque vexo que poden facelo, e o fan, moi ben.
     Onte estivemos falando do Mar dos Sargazos que se chama así porque alí se acumulan unhas algas chamadas sargazos que forman auténticos "bosques" os cales complican a navegación dos barcos de vela. Cristóbal Colón atopouse con estes montóns de sargazos na súa primeira viaxe a América e tivo serias dificultades para atravesar a zona. Julio Verne, na súa obra "20.000 leguas de viaxe submariño" fixo que o Nautilus pasase por ese lugar, onde el pensaba que se podía atopar a Atlántida.
Imagen relacionada

Imagen relacionada


























E aquí están as dúas novas definicións que fixeron Noa e Enzo.

Resultado de imagen de gifs animados buen trabajo
    Fixérono xenial! Agora espero que máis pementeiros/as se animen a explicar o significado de novas palabras.




4 comentarios:

  1. Cada día aprendemos máis cousas novas, e non nós cansamos de aprender. Enzo estaba contentisimo nada máis collelo no comedor xa me contou que saira voluntario, estaba desexando verse e que o visemos no video☺

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estou orgullosa del, porque estaba moi nervioso (parecía que ía bailar un twist) pero superou ese medo, saiu voluntario, dixo que quería facelo e intentouno con ganas. Hoxe falamos precisamente diso, do ben que nos sentimos cando afrontamos un reto e o superamos, se todo fora facilísimo non teríamos esa boísima sensación do éxito ante un traballo ben feito. Xa me dixo que volo contara e que estabades moi contentos. ¡Alégrome! Son nenos e nenas pequenos pero están empezando a ter afán de superación, a loitar por algo e esforzarse en conseguilo e iso, para min, é unha das mellores cousas que lles podo transmitir no cole. ¡Parabéns para todos os pementeiros e pementeiras que se van animando a participar!

      Eliminar
  2. Noa igual estaba super emocionada!! Para ela foi todo un logro e so me dicia que mirara o blog que o ias poñer despois de comer,...Jijijijii. Tan pronto cheguei foi o primeiro que me contou, é xenial que se vaian atrevendo a facelo xa que é moi positivo, sintese a gusto e segura dentro do grupo. Grazas por animala!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a vos, sempre, por entender e valorar o que facemos na aula. Eu moi orgullosa de estes nenos e nenas que van dando os seus pasiños para medrar. para ser autónomos, para aprender e superar retos... Que ela estivera contenta por facelo, ue tivera ganas de compartilo coa familia, que volo conte con ilusión...¡iso é xenial! porque este tipo de actividades demostran as capacidades que teñen os nenos e nenas aínda que só teñan 4 anos e demostran, tamén, que podemos axudalos a ser felices non unicamente mediante gratificacións materiais senón mediante a propia satisfacción, o recoñecemento dun mérito, o afecto dos seres queridos e a superación persoal. Cada un vai soltándose ao seu ritmo pero, pouco a pouco, imos comprobando todo o que son capaces de facer!!!!! Parabéns!!!!

      Eliminar