UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 19 de junio de 2017

REUNIÓN DE FIN DE CURSO

      O pasado martes realizamos unha reunión de fin de curso á que estiveron invitados todos os pais/nais dos alumnos/as da Pementeira.
   Fixemos unha pequena valoración dos avances realizados ao longo do curso polos nenos e nenas de xeito xeral. Este é un grupo fantástico que evolucionou moito nestes meses que estivemos xuntos no cole. Certamente xa partiron dun nivel de autonomía persoal moi bo e iso facilita moito o traballo de ala noutras cuestións, digamos, máis académicas. Son nenos e nenas moi participativos, activos, intelixentes e con ganas de aprender cousas novas. Foi un pracer ver como se meteron de cheo no proxecto "A volta ao mundo en obras de arte", como se entusiasmaron e cantas cousas aprenderon. Teño que facer unha valoración moi positiva das aprendizaxes acadadas eles e, tamén da implicación das familias (e a súa comprensión desta metodoloxía de traballo).
   En xeral todos/as escriben o seu nome con autonomía, teñen bo nivel de expresión oral, control motriz e razonamento lóxico, comprenden o concepto de suma e están integrando con naturalidade a serie numérica. Disfrutan coa lectura de contos e poesías, coas cancións e as actividades de expresión corporal, empezaron con ilusión a rutina do "pasaporte lector" (o libro de fin de semana) e entusiasmáronse levando o libro viaxeiro do proxecto. Foi un curso repleto de actividades e experiencias, con moitísimas cousas positivas e un pracer para min  ter a sorte de vivilo con este novo grupo de pementeiros/as.
     Presentáronse as facturas do curso (a disposición de calqueira familia que queira velas e revisalas, por suposto). O próximo ano teremos un caderniño de lóxica-matemática que será xa encargado pola titora (co cal os pais/nais non tedes que preocuparvos por mercalo). 
      A profesora de inglés tamén empregará un libro de inglés que se publicará no web do centro e se exporá no taboleiro de entrada do centro. Dita profesora solicita que, a ser posible, non se abran os libros por se existise algún erro e fose necesario cambialos. Ese libro será empregado nos cursos 2017-18 e 2018-19.
    En canto ao festival, celebrarase o xoves 22 de xuño ás 11 da mañán. Como o alumnado de infantil é o primeiro en actuar, aconsellamos que sexades puntuais para que ninguén perda a estupenda actuación que temos preparada.
    
   As camisetas xa as levaron os nenos/as para as casas así que recordade que a traian posta o día do festival. Poden resultar un pouco grandes (é a talla máis pequena neste tipo de prenda) por iso podedes tratar de adaptalas un pouco a cada nena (penso que os nenos van ter menos problema porque pode ir directamente por dentro do pantalón, ou por fóra sen máis) ao mellor poñéndolle un lazo na cintura e metendo o longo sobrante debaixo do tutú, ou recollendo un pouquiño as mangas... Seguro que vós tendes boas ideas!

  Os sombreiros están no cole porque son necesarios para os ensaios. Ás nenas enviareillos para casa o día antes do festival para que comprobedes (se pode ser) que o poidan poñer co peinado que lle fagades (e non lle caia ao bailar). Se é posible, pensamos que quedaría bonito que as nenas trouxeran un tutú da cor do sombreiro que levan (ou semellante claro) pero só unha proposta, con que traian a camiseta e o sombreiro é suficiente, o resto queda á vosa elección. Móstrovos a cor do sombreiro de cada neno/a.




    A entrega dos traballos dos nenos/as e as notas será o venres 23. Varios pais/nais están solicitando que llos entregue xa o xoves pero non sei se vou poder. Estou intentando telo todo listo para ese día pero aínda estamos ultimando o terceiro número do noso xornal ... Comprendo o voso punto de vista pero non sei se vou poder cumplir con todos os que me estades a pedir esto e tampouco vexo moi xusto que o fixese con un e con outro non. Eu estou poñendo da miña parte pero comprendede que o final de curso conleva moitas cousas...
    Verémonos no festival, esperando que saia todo ben bonito e que todos disfrutemos dun día perfecto.

2 comentarios:

  1. ¡¡¡¡¡Non dá chegado o día do festival!!!!!!!
    ¡¡¡ Que ganas de velos!!!!

    ResponderEliminar
  2. A ver que pasa mañán! jajajaja. Esperemos que os pementeiros/as poñan interese e mostren como saben facer as cousas. Esperamos que as familias disfrutedes moito e temos ganas de escoitar aplausos!

    ResponderEliminar