UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 24 de mayo de 2017

YOGA E PICNIC

     Un mércores con moita actividade na Pementeira e con moita calor. A verdade é que a Willy Fog de hoxe, Sara García aguantou como unha campeona con esa chaqueta de pana. Coas ganas que teñen de disfrazarse aguantan sin protestar. Encima caíalle a máscara de león e non vía ben. Pero ela estaba encantada sendo a protagonista . Psaou lista e contou moi ben.



Resultado de imagen de mi papá es de plastilina      Despois de facer unha sinxela tarefa, empezamos cunha nova actividade que espero que se convirta nunha rutina máis de aula: practicar yoga. Fai un par de días estivemos lendo un libro estupendo titulado "Mi papá es de plastilina" que nos vai axudar a ir coñecendo algunhas posicións e a empezar a practicalas, claro.
           Coa axuda desta guía, hoxe intentamos facer a postura da árbore e a postura do can boca abaixo.
Imagen relacionada







Resultado de imagen de mi papá es de plastilina postura del perro boca abajo










Imagen relacionada
  
   Parece que os pementeiros/as se esforzaron bastante (porque aínda que moita xente pensa que facendo yoga non nos cansamos, pois non é así, estiramos os músculos, tratamos de aguantar o equilibrio, facemos forza coas pernas e os brazos...) e acabamos todos sudando así que decidimos facer un picnic porque, a verdade, estabamos máis a gusto merendando á sombra da árbore do patio, respirando aire fresco, que dentro da aula. 




  Despois do recreo, aínda fixemos máis cousas que espero contarvos pronto.


5 comentarios:

  1. Tanto lle gusta que estivo facendo a postura do árbol un bo anaco!! Jajajaja

    ResponderEliminar
  2. Marcos esforzabase en ensinarme q xa lle saia "o árbol". Creo q a acollida desta actividade foi boa

    ResponderEliminar
  3. Que bueno! estes pementeiros como se esforzan, así me gusta control mente e corpo! que divertido

    ResponderEliminar
  4. Xenial!!! A Enzo gustoulle facer yoga de feito estivemos practicando pola tarde 😅, o xogo dos números tamen foi un éxito tivemos que facer un caseiro

    ResponderEliminar
  5. É xenial que "revivan" estas actividades na casa, iso quere dicir que non lle deixan mal sabor de boca! A verdade é que o yoga sempre triunfa e iso que lles costa traballo colocarse ben, estirar, manter o equilibrio... pero isto demostra que,ás veces, as cousas que nos esixen esforzo tamén nos dan satisfaccións e como di Vanessa axúdannos a ter control mental e corporal. Seguiremos esforzándonos!Grazas polas vistas ao blog e polos comentarios!

    ResponderEliminar