martes, 23 de mayo de 2017

XOGAMOS COAS LETRAS E OS NÚMEROS

       Este martes empezou cun novo Willy Fog. ¡Por fin lle tocou turno a Yeico que estaba tan impaciente que non sei se dormiría pola noite! Estaba encantado co disfraz de Willy Fog e intentou pasar lista coa máscara pero, ao final, tivo que sacala porque, a verdade, non vía moi ben as fotos e os nomes dos compañeiros. Falamos sobre poñer un recunchiño de disfraces, porque vexo o que están disfrutando, e todos se entusiasmaron coa idea e xa empezaron a dicir que teñen cousas que poden traer!!!
        



      Despois de pasar lista, contar os nenos/as, mirar o tempo, ver o día que é hoxe e cantar unhas cancións, fixemos unha actividade impresa sinxeliña... e, despois estivemos xogando coas letras, os números e as regletas. ¡Foi unha mañán interesante!


 

 





3 comentarios:

  1. A verdade é que a actividade das letras móbiles lles gustou moito e, realmente, fixérona moi ben, atendendo moito ás letras que tiñan que coller. É importante que se vaian acostumando a "leer" e "escribir", así como a contar, dun xeito lúdico para ir collendo soltura, para normalizar estas tarefas... e que non se identifiquen sempre con aburrimento, malos momentos ou mesmo castigos. Non sempre é fácil, xa o sei, pero no cole intentamos integrar as actividades máis "académicas" con outras máis lúdicas.

    ResponderEliminar
  2. Aprender xogando, que divertido! sobretodo ver esas caras de curiosidade,entusiasmo e alegría, que ben!

    ResponderEliminar